Renovación da cuberta da pista polideportiva de Guiliade

O Concello concluíu as obras de mellora de renovación da cuberta da pista polideportiva de Guiliade.

Os traballos consistiron na substitución dos paneis que cobren a pista; a limpeza das instalacións e a mellora do equipamento deportivo.

A renovación das instalacións está incluída nun programa de mellora de equipamento público na zona rural, no que tamén se incluíron as fontes e lavadoiros; así como a pavimentación de viarias municipais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.