O Concello renova os viarios en Caraña

A alcaldesa, María Barral, xunto a o concelleiro de obras públicas e servizos Andrés Hermida visitaron a zona e intercambiaron opinións coa veciñanza

O Concello rematou as obras de mellora de viarios municipais no rural.  Neste caso das obras de pavimentación de camiños no núcleo de Caraña do Medio.

Trátase dun camiño que une Caraña co barrio da Ponte Vella, un recuncho no que chegaron a funcionar trinta muíños de maquía para a moenda de grao (trigo, centeo e millo). Consérvanse algúns deles, e unha antiga curtidoría, na que se localizaban os pelamios, lugar onde se somerxían as peles dos animais para curtilas., que dan nome ao rico que percorre esta zona.

Os traballos consistiron na limpeza e a pavimentación e supuxeron unha  importante mellora da seguridade viaria, sobre todo porque son zonas moi transitadas case tanto polos peóns como polos vehículos. Ademais, executouse toda a rede de saneamento para separar, de forma efectiva, as augas pluviais e as augas residuais.

A alcaldesa, María Barral, visitou a zona e intercambiou opinións coa veciñanza que trasladou súa satisfacción “pola mellora considerable” que experimentou a zona. Barral indicou que o proxecto forma parte dunha serie de obras que se executaron noutras zonas e que continuarán, por exemplo, na Veiga, centradas  no acondicionamento e mellora dos camiños para facilitar a comunicación da veciñanza a nivel das infraestruturas viarias, mellorando a calidade das vías, a súa accesibilidade e a seguridade viaria para vehículos e peóns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.