O Goberno Municipal Socialista renovará o Parque Pablo Iglesias

O Concello de Betanzos renovará o parque Pablo Iglesias a través dun proxecto que inclúe mobiliario, plantación de árbores e arranxo dos carreiros

🤝 Neste plan invertiranse máis de 95.000 euros incluídos no Plan Complementario da Deputación da Coruña.

🌳 Os traballos incluirán a #talla de #árbores mortas e a plantación de 28 novos exemplares, así como a actuación nos #carreiros do parque.

🔄 Tamén se retirarán os #bancos existentes por atoparse en mal estado de conservación e colocaranse 23 novos, con #respaldo e apoia brazos.

🧼 Ademais, entre outras actuacións de #conservación, limparanse as #luminarias, as esculturas, o reloxo de sol e o escudo e colocaranse maceteiros con plantas ornamentais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.