O Concello prevé a mellora e recuperación das rúas Xudeus e Cruz Verde dentro do seu programa de renovación de vías a través do POS

O Concello incluíu nos seus proxectos de mellora de viarias, dentro do Plan Único da Deputación, a mellora das rúas de Xudeus e Cruz Verde. Trátase dunha actuación na que se investirán máis de 270 000 euros e que forma parte do plan de melloras de viarias municipais (da zona rural) e rúas do centro urbano, no que se inclúe a renovación de pavimentos e servizos.

Neste caso as obras previstas pretenden  contribuír a reforzar os valores. arquitectónicos e espaciais, especialmente significativos no caso da rúa Xudeus, de importancia histórica no trazado histórico urbano de Betanzos así como de Cálea Cruz verde polo seu enclave céntrico e partindo desde unha zona de gran significado dentro do centro histórico da cidade.

O obxectivo non é outro que recuperar un contorno céntrico de interese histórico innegable, dotándoa de novos servizos e dunha pavimentación acorde co contorno, contribuíndo así á súa revalorización patrimonial, social e turística, ademais, por suposto, de liquidar os problemas de filtracións existentes na rede, especialmente significativa nos casos de saneamento e rede de pluviais. Cómpre destacar que a renovación dos servizos de rede de sumidoiros e recollida de augas pluviais levarán ata a conexión coa fosa emprazada na escaleira de baixada cara á rúa dos Ánxeles.

Con respecto ás infraestruturas ademais das canalizacións correspondentes realizaranse novos pozos de rexistro de formigón, arquetas de acometida dos distintos servizos e sumidoiros para a recollida de pluviais. A pavimentación da rúa realizarase con laxas de granito en toda a súa superficie desde a rúa Xudeus onde todo o seu trazado se executará con laxas igualmente de granito. Con carácter xeral proxéctase o trazado integral das beirarrúas e procúrase maximizar a súa anchura e optimizar o seu trazado na medida do posible, proxectando zonas de desafogo sempre que sexa posible para os pasos de peóns. Proxéctase a substitución de pintados, sinalización e equipamento urbano existente de maneira homoxénea a outras actuacións levadas a cabo polo Concello de Betanzos en zonas de interese histórico e de centralidade urbana.

No caso da rúa Xudeus e dos tramos de beirarrúa de laxa de granito estenderase unha capa de balastro artificial, procédese á súa nivelación, rasanteo e compactación ata alcanzar a cota adecuada para levar a cabo a nova pavimentación. A pavimentación de Xudeus realizarase con laxas de granito. O proxecto prevé a realización de beirarrúas de laxa de formigón continuando as existentes o tramo superior da rúa Cruz Verde.

Colocaranse sinais reflectores con placa e poste de aluminio ancoradas ao pavimento. Tamén se levará a cabo a sinalización horizontal por medio de marcas viarias con pintura reflectora de distintas cores. Colocaranse papeleiras de aceiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.