O Concello habilita cada día dende ás seis da tarde un aula de estudo o que os alumnos de Betanzos poderán utilizar durante toda a noite

Aula de estudo situada no centro de maiores, na praza dos Irmáns García Naveira

O Concello habilitou o aula de estudo para alumnos no Centro Social de Maiores, situado no Cantón de San Roque. Con este aula, o Concello complementa os servizos da Biblioteca Municipal onde moitos mozos de Betanzos van a estudiar diariamente. Desta forma, dende as seis da tarde, os alumnos poderán estudiar no centro social, nunha zona habilitada a tal efecto, e non so durante a tarde senón tamén pola noite. Así, o horario será ininterrumpido, dende as 18:00 ata as 7:00 horas. As instalacións estarán abertas durante toda a tarde, ata as 21:00 horas, hora na que se terá que acceder cunha tarxeta municipal.

Este espazo nace debido ao interese do Concello de facilitar un lugar para que os/as estudantes poidan estudar na época de exames. Ante esta situación e a falta de persoal propio do Concello para vixilancia e coidado das instalacións, é preciso establecer un mecanismo de acceso con tarxeta que serán concedidas polo concello.

Estas tarxetas para usuarios/as estarán a disposición da veciñanza de Betanzos, e se tramitarán cunha solicitude previa.

Para isto deberán cumprir os seguintes compromisos:

Coidar a instalación e ter presente que o local que utilizan é de todos polo tanto, deben coidalo, e respectar o dereito das persoas que veñen detrás. Utilizar a instalación para a finalidade solicitude, responsabilizándose dos danos que pola actividade causen no inmoble, mediante o pagamento ao Concello as reparacións que corresponden.

Deixar limpa a instalación despois de utilizala. e non facer ruído que moleste a outras persoas usuarias e á veciñanza da zona. Non consumir alcol nin comer nas instalación Recoller e entregar as tarxetas de acceso á aula no Concello ou no lugar indicado.

A tarxeta de acceso é persoal e intransferible, cada persoa usuaria será responsable do uso desta, e poderá ser sancionado no caso de incumprimento. En caso de perda ou deterioración da tarxeta, a persoa titular deberá aboarlle ao Concello os gastos de reposición dunha nova.

Para máis información prema aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.