O Concello de Betanzos aposta por visibilizar a violencia de xénero a través de diferentes actividades co gallo do 25N

No ano 2021, o Concello de Betanzos pon en marcha distintas actividades para poñer o foco na violencia de xénero de cara á celebración do 25N.

Por unha banda, xunto con decenas de concellos galegos, súmase á campaña da Deputación Provincial da Coruña De fronte á violencia de xénero, a través da cal organizaranse actividades cos centros educativos de primaria e secundaria, como concertos en liña ou un scape room.

Especialmente co alumnado de secundaria traballarase o impacto que as redes sociais e as plataformas dixitais teñen na configuración de relacións desiguais, a través do Programa Publigualdade, financiado pola Deputación da Coruña.

Tamén co espectáculo teatral Golpes, patrocinado pola Secretaría Xeral de Igualdade e a FEGAMP, intentarase amosar á mocidade a vida a través dunha mirada violeta.

Para público adulto estarán dispoñibles 3 palestras en liña sobre temas de especial interese como a violencia vicaria, e a comedia de teatro Crónica dunha heterosexual insatisfeita.

As datas de todas estas actividades publicaranse ao longo do mes de novembro no Facebook Betanzos Igualdade.

Por outra banda, por quinto ano consecutivo, a administración local desenvolve de maneira autónoma a campaña Betanzos en Negro, en colaboración co tecido asociativo, comercio e hostalaría betanceira. Todos aqueles negocios ou entidades interesadas en participar poden realizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a betanzosennegro@gmail.com do 8 ao 16 de novembro.

día 25 realizarase a lectura do manifesto na Praza da Constitución por parte do Goberno Local, na que se convida á cidadanía a asistir de maneira ordenada e cumprindo as restricións sanitarias vixentes, para amosar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.