O Concello abre o prazo de presentación de propostas aos orzamentos participativos aos que destina 100 000 euros

O goberno local abre o prazo de presentación de propostas para incluír no programa de orzamentos participativos para os que o se reservarán unha partida de 100 000 euros.

O obxectivo é a implicación directa da cidadanía no proceso de elaboración dos orzamentos municipais anuais mediante propostas que poderán presentar persoas maiores de 16 anos empadroadas en Betanzos.

A presentación de propostas poderá facerse a título individual ou en representación dunha entidade. Cada persoa ou entidade poderá presentar unha proposta.

As propostas formuladas deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser legal: debe constituír un feito legal e ser competencia do Concello de Betanzos.
  • Ser un investimento: os orzamentos participativos limítanse a un dos capítulos do orzamento municipal, o dos investimentos. Este capítulo VI comprende basicamente gastos destinados á creación de infraestruturas ou adquisición de equipamentos.
  • Ser concreta: as propostas deben ser concretas, deixando claro o obxecto desta, lugar, finalidade, etc. Se a proposta seleccionada non cubre a totalidade da partida orzamentaria, o que sobre destinarase ás seguintes propostas escollidas, sempre e cando sexa viable a súa execución, ata esgotar o orzamento de 100 000 euros.

Todas as propostas que sexan viables, independentemente do seu orzamento, serán sometidas en condicións de igualdade á elección da cidadanía mediante o proceso de votación establecido.

A recollida de propostas cidadás farase tanto de forma telemática, a través da web municipal www.novas.betanzos.gal, como presencial no Rexistro xeral do Concello.

Para presentar unha proposta aos presupostos participativos prema aquí

Para descargar máis información prema aquí

Finalizado o prazo de recepción de propostas, os técnicos municipais farán unha valoración, clasificación e selección das recibidas, en base ao estudo da súa viabilidade económica e técnica. Esta acta publicarase na web municipal e no taboleiro de anuncios informando da aceptación ou rexeitado de cada proposta indicando o motivo.

Abrirase nese momento o prazo de votación a través dos mesmos medios que os utilizados na recollida de propostas, é dicir, por medios telemáticos e nunha urna situada no Rexistro xeral. Para facer efectivo o voto, a veciñanza deberá cubrir un documento onde figurarán os seus datos persoais e unha relación de propostas que concorren aos orzamentos participativos. O Concello comprobará que a persoa que participe na votación está empadroada no termo municipal.

O programa dividise en varias fases. A primeira, do 25 de outubro ao 3 de novembro co período de recollida de propostas. A segunda, do 4 ao 12 de novembro co estudo de viabilidade das propostas recibidas e validación das seleccionadas por partedo persoal técnico municipal, e publicación das propostas seleccionadas.

A terceira fase será do 15 ao 25 de novembro co período de votación das propostas pola cidadanía a través da web municipal e de forma presencial. O día 29 de novembro publicaranse a proposta ou propostas seleccionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.