Betanzos recibirá 700.000 euros do Goberno de España en axudas para a rehabilitación de vivendas no centro histórico con actuacións de eficiencia enerxética

O Concello contará con 700.000 euros do programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola UE-Next Generation do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.

Trátase dun programa que substitúe ao antigo Plan de Vivenda e que neste caso estará dirixido á solicitude de axudas de rehabilitación no centro histórico vinculadas a eficiencia enerxética.

A convocatoria, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Andrés Hermida, será para principios do próximo ano. O obxectivo é abrir unha nova convocatoria para que os propietarios do centro histórico poidan solicitar axudas que melloren as condicións dos inmobles, axudas que se concretarán proximamente, así como os prazos para presentar a documentación. “Consideramos que se trata dunha partida importante que vén do Goberno de España e que supoñerá, como en programas do plan vivenda, un incentivo máis á hora de que os propietarios de vivendas acometan melloras, neste caso, vinculadas á eficiencia enerxética”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.