O Goberno Municipal Socialista renovará o Parque Pablo Iglesias
O Concello de Betanzos renovará o parque Pablo Iglesias a través dun proxecto que inclúe mobiliario, plantación de árbores e arranxo dos carreiros
Neste plan invertiranse máis de 95.000 euros incluídos no Plan Complementario da Deputación da Coruña.
Os traballos incluirán a #talla de #árbores mortas e a plantación de 28 novos exemplares, así como a actuación nos #carreiros do parque.
Tamén se retirarán os #bancos existentes por atoparse en mal estado de conservación e colocaranse 23 novos, con #respaldo e apoia brazos.
Ademais, entre outras actuacións de #conservación, limparanse as #luminarias, as esculturas, o reloxo de sol e o escudo e colocaranse maceteiros con plantas ornamentais.