Axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025

Ten por obxecto facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a persoas con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas, a través dunha achega do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente.

O prazo comezará o 2 de xaneiro de 2023 e rematará o 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

Para a presentación por vía electrónica prema aquí ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.