A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presidiu a presentación do obradoiro de “Coidados na dependencia”, o obradoiro de garantía xuvenil

A actividade conta cunha duración de 12 meses, onde o alumnado recibirá unha formación teórica e práctica.

Participará alumnado de Abegondo, Coirós e Paderne, coa subvención da Xunta.

Ademais da alcaldesa, quen destacou a importancia de este tipo de programas formativos, que contan cunha importante demanda laboral, pola experiencia de anteriores iniciativas, estiveron presentes o concelleiro de formación Ricardo Cheda,  o alcalde de Paderne, Sergio Platas, o de Coirós, Francisco Quintela, o técnico de emprego do Concello de Abegondo, José Manuel Rodríguez, e Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.