Agrupación Socialista de Betanzos Agrupación Socialista de Betanzos
Facebook Twitter
Show Navigation Hide Navigation
  • Inicio
  • Grupo Municipal
  • Executiva Municipal
  • Candidatura Eleccións Municipais
  • Programa

Programa Electoral

programa_2023Descarga

Facebook

PSdeG PSOE Betanzos

psdegpsoe_betanzos

Partido Socialista Obrero Español de Betanzos

Hoxe tocou comida e baile coa Comisión de Festas Hoxe tocou comida e baile coa Comisión de Festas da Octava da Ribeira 🎶🍽️
Un barrio con moito encanto e unha xente marabillosa, sempre mantendo viva a súa festa e o seu espírito.

Noraboa á organización 👏, porque o cariño e o traballo que lle poñedes nótase en cada detalle.
Da gusto compartir estes momentos con vós ❤️
🟣 25N | Día Internacional da Eliminación da V 🟣 25N | Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe, desde a Agrupación Socialista de Betanzos, reafirmamos o noso compromiso firme e decidido contra a violencia machista. Non é unha loita dun só día. É unha responsabilidade colectiva que debe estar presente todos os días do ano.

Defendemos unha sociedade na que todas as mulleres poidan vivir vivas, libres e sen medo, con garantías reais de igualdade, protección e dignidade.

É tarefa de todas e todos seguir avanzando, apoiar ás vítimas, educar en igualdade e denunciar cada agresión, cada discriminación e cada intento de controlar, silenciar ou limitar ás mulleres.

Só así construiremos unha sociaedade máis xusta, máis libre e máis humana.
Parabéns a 🥇 Adega Lastras e a 👨‍🍳 Ped Parabéns a 🥇 Adega Lastras e a 👨‍🍳 Pedro Miño,
gañador do Premio á Mellor Tortilla de Betanzos 2025! 🏆

O orgullo dunha tradición que segue facendo historia. 💛
🍳 Betanzos, o arte de facer tortilla! 🥔✨
🎉 Betanzos dedicará o ano 2026 á Asociación 🎉 Betanzos dedicará o ano 2026 á Asociación Cultural Xóvenes do Pobo polo seu 50 aniversario 🎉

Desde o PSOE de Betanzos queremos felicitar a todas as persoas que, ao longo de cinco décadas, fixeron posible que as nosas danzas gremiais sigan vivas, transmitíndose de xeración en xeración como un auténtico símbolo da identidade brigantina.

👏 O Goberno Municipal Socialista impulsa esta dedicatoria especial e tamén promoverá a declaración das danzas gremiais como Ben de Interese Cultural (BIC), un paso fundamental para recoñecer e protexer oficialmente este patrimonio inmaterial tan valioso.

As danzas dos Mareantes, Labradores, Zapateiros e Alfaiates son moito máis ca tradición, son historia, unión e orgullo compartido. A súa continuidade é froito do traballo constante de mozos e mozas, homes e mulleres que, con paixón e compromiso, manteñen viva unha parte esencial da nosa cultura.

💃 Parabéns a Xóvenes do Pobo e a todas as persoas que participan e colaboran cada ano nestas danzas que fan de Betanzos unha cidade con alma, raíces e futuro.
🟥 O PP de Betanzos mantén o seu voto EN CONTRA 🟥 O PP de Betanzos mantén o seu voto EN CONTRA de 157.000 € para Betanzos e afúndese aínda máis na falta de respecto á veciñanza

O Partido Popular de Betanzos protagonizou no pleno anterior un feito inaudito e lamentable. Votaron en contra da chegada de 157.000 euros da Deputación da Coruña destinados á construción dunha pista de pádel cuberta no Carregal, un investimento que non lle custará nin un euro ás arcas municipais grazas á boa xestión do goberno socialista 💪

Podería entenderse que fose un erro ou unha decisión precipitada, pero o máis grave é que, lonxe de reflexionar, no último pleno o PP afundiu aínda máis na súa falta de respecto á veciñanza, chegando a dicir literalmente a súa portavoz que “hai que poñerse de cu” e votar en contra 🤦‍♂️

Esa frase resume á perfección o seu xeito de facer oposición, sen argumentos nin propostas, coa única intención de bloquear o que é bo para Betanzos 🚫

Un Partido Popular sen cabeza, cun grupo totalmente desintegrado, no que hai concelleiros que xa nin sequera acoden aos plenos e outros que se pasaron ao grupo de non adscritos, amosa unha situación de caos interno e falta total de liderado. A propia portavoz é o reflexo desa deriva, sen rumbo nin autoridade política 😤

O PP mantén a súa tese de sempre, canto peor lle vaia a Betanzos, mellor lle irá ao PP de Betanzos ⚠️

Desde o goberno socialista seguiremos traballando con responsabilidade, planificación e sentido común, aproveitando cada euro e cada oportunidade para mellorar Betanzos 💼🏗️

Nós defendemos a Betanzos, non os intereses partidistas ❤️
🚍 INSEGURIDADE E CAOS NO TRANSPORTE ESCOLAR, OU 🚍 INSEGURIDADE E CAOS NO TRANSPORTE ESCOLAR, OUTRO “ÉXITO” DA XUNTA DO PP

O que están a vivir decenas de nenos e nenas que cada día se desprazan desde Miño, Paderne ou Coirós aos institutos de Betanzos é unha auténtica vergoña e unha situación de risco e inseguridade totalmente inadmisible ⚠️ Cada mañá, autobuses saturados, estudantes de pé, amoreados nas escaleiras, e condutores que teñen que facer malabares para circular con seguridade. Todo isto por culpa dun modelo de transporte mal deseñado pola Xunta de Galicia do Partido Popular, que leva anos ignorando as advertencias e facendo oídos xordos ás queixas das familias e da comunidade educativa.

Un sistema que, lonxe de garantir a seguridade e comodidade do alumnado, busca unicamente a rendibilidade económica, reducindo liñas, recortando servizos e xogando coa tranquilidade de pais e nais que ven como os seus fillos e fillas viaxan en condicións inaceptables 😡 A prioridade, unha vez máis, non é o benestar das persoas, senón o aforro a costa de quen menos culpa ten.

E mentres tanto, a voceira do Partido Popular de Betanzos, Cecilia Vázquez, que ademais é deputada no Parlamento de Galicia, segue repetindo que “todo funciona de marabilla”. Non esquezamos que nun pleno chegou a afirmar que estas liñas “ían ser prioritarias para o alumnado”.
👉 Pois aí están as imaxes, nenos e nenas de pé, amoreados, con un risco evidente en cada traxecto.

Desde o PSOE de Betanzos esiximos á Xunta de Galicia unha solución inmediata, porque o que está a acontecer non é unha simple “incidencia”, senón unha irresponsabilidade monumental que pon en perigo aos menores e a toda a comunidade educativa 🚨

💬 A educación pública e a seguridade non poden seguir sendo vítimas da nefasta xestión do Partido Popular e da complicidade do Partido Popular de Betanzos e da súa voceira, Cecilia Vázquez, que é deputada no Parlamento de Galicia e, xa se ve, “deputada ante todo”, aínda que non precisamente para defender os intereses do alumnado de Betanzos e da contorna.
🔴 Seguimos coidando Betanzos, día a día O Co 🔴 Seguimos coidando Betanzos, día a día

O Concello de Betanzos iniciou as obras de mellora da pasarela peonil de madeira que conecta As Cascas co parque do Pasatempo, unha infraestrutura moi utilizada pola veciñanza e que, pola súa exposición á humidade e o paso do tempo, precisaba unha intervención integral.

📅 Ao longo destes anos realizouse un mantemento continuo, pero a madeira —como calquera material— ten unha vida útil, e chegado o momento é necesario renovar as pezas afectadas para garantir a seguridade e a durabilidade da estrutura.

Esta actuación forma parte dun traballo planificado e sostido no tempo, que o executivo local leva meses preparando e que require da participación de empresas especializadas, xa que precisa certificacións e tratamentos técnicos específicos.

👷‍♀️ Somos conscientes de que cada día xorden incidencias en diferentes puntos da cidade, e con os medios dispoñibles chegamos onde podemos. O importante é a capacidade de resposta e actuación que demostra este goberno, que coñece Betanzos a pé de rúa e traballa con planificación, compromiso e sentido común.

💬 As redes sociais tamén axudan. Son unha ferramenta útil para escoitar, recoller propostas e detectar necesidades, igual que facemos cada día falando coa xente nas rúas. Porque o importante é sumar, colaborar e pensar no ben común.
✨ Este xoves, 2 de outubro, celebramos en Betanz ✨ Este xoves, 2 de outubro, celebramos en Betanzos o Día Internacional das Persoas Maiores cun acto conmemorativo no Salón Azul do Liceo, ás 19:00 horas.

🔹 O encontro será presentado pola nosa alcaldesa, María Barral Varela, e por Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral provincial.
🔹 Contaremos con tres intervencións de gran interese:
✅ Antonio Asensi, médico de familia → “Medicina de familia nas persoas maiores”
✅ Manuela Vilaboy Romero, pedagoga → “Illamento e soidade en maiores”
✅ Humberto Ramírez Fouz, director deportivo → “Deporte na xente maior”

🤝 Desde a Agrupación Socialista de Betanzos queremos poñer en valor o papel fundamental das persoas maiores na nosa sociedade, recoñecendo a súa experiencia, a súa contribución e a importancia de garantir o seu benestar.

📍 Agardámosvos este xoves no Liceo.

#DíaDasPersoasMaiores #Betanzos #PSdeG #PSOECoruña
📍 No pleno da semana pasada quedou claro quen d 📍 No pleno da semana pasada quedou claro quen defende a Betanzos e quen non.

✅ O Goberno Socialista aprobou a creación dunha pista de pádel no Carregal cun investimento que supera os 157.000 € grazas ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. A decisión responde a un criterio económico: encaixar o proxecto no orzamento dispoñible nesta convocatoria. 🎾💶

🚴‍♂️ O Pumptrack é unha vella e lexítima demanda dos clubes ciclistas de Betanzos. O Goberno Local recolleu esa petición e comprométese a facela realidade. Xa está incluído na folla de ruta deste equipo de goberno e executarase no próximo POS 2026. 📅

🛹 O Skatepark é un proxecto de moita maior dimensión que require máis de 400.000 €. Non pode financiarse a través do POS, pero segue sobre a mesa e o Goberno Local seguirá buscando fórmulas para facelo realidade. 💡

➡️ É dicir, nin o Pumptrack nin o Skatepark quedan esquecidos. Cada proxecto ten o seu tempo e o seu marco de financiamento. O Goberno Municipal mantén un compromiso firme con estas infraestruturas deportivas. 💪

⚠️ O máis grave foi ver como, por primeira vez na historia, o Partido Popular de Betanzos votou en contra de que o noso concello recibira unha subvención. Dicir non a máis de 157.000 € que chegan a Betanzos é dicir non ao futuro da nosa cidade. 🚫🏙️

🙅🏻Ao PP dálle igual Betanzos, só busca poñer paus nas rodas. A súa estratexia é clara: canto peor lle vaia a Betanzos, mellor para eles.

🌹 Desde o PSOE de Betanzos seguiremos traballando con responsabilidade para que non se perda nin un só euro de investimento no noso concello.

🔴 Non imos perder nin un euro para Betanzos.

😔 Lamentamos profundamente que o PP votara en contra dos intereses da nosa cidade.
🚧 Máis seguridade viaria para Betanzos Desde 🚧 Máis seguridade viaria para Betanzos

Desde a Agrupación Socialista de Betanzos queremos poñer en valor os traballos que se veñen realizando por todo o centro urbano da nosa cidade para mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade.

📍 Actuamos xa na zona da Ribeira, en Rúa do Rollo, en Alfonso IX e, nestes próximos días, tamén en Cal das Barras.

✅ A instalación de pasos elevados non só incrementa a seguridade vial, senón que tamén mellora a accesibilidade, especialmente para as persoas maiores, e garante desprazamentos máis seguros para todos os nenos e nenas que a diario acoden ao colexio e aos institutos.

ℹ️ Trátase de actuacións que cumpren estritamente con todas as condicións legais e técnicas. Os proxectos son elaborados e supervisados por profesionais, o enxeñeiro redactor do proxecto, o arquitecto técnico municipal e tamén polos técnicos da Deputación da Coruña.

💪🏼 Con estas intervencións seguimos avanzando cara a un Betanzos máis seguro, máis accesible e pensado para as persoas.

📷: Concello de Betanzos.
🔴 Melloras que chegan para quedar Cada vez que 🔴 Melloras que chegan para quedar

Cada vez que se acomete unha obra pública 🚧, sexa no CEIP Francisco Vales Villamarín 🏫 ou noutro proxecto da cidade, aparecen imprevistos técnicos, restos ocultos ou trámites que fan que os prazos se alonguen máis do que a veciñanza e os gobernos desexaríamos. É unha realidade que coñecemos ben en Betanzos, porque xa pasou coas melloras en Donas, cos parques infantís 🎠 ou co propio mercado municipal.

Desde o espazo onde temos responsabilidades institucionais, neste caso, o Concello de Betanzos, sabemos o que significa ter que dar explicacións cando as obras sofren retrasos ⏳. O Partido Popular de Betanzos non dubidou en criticarnos duramente neses momentos, esquecendo que os imprevistos e os atrasos son habituais en calquera proxecto público, tamén nos que executa a Xunta, como agora sucede no CEIP Francisco Vales Villamarín con fondos europeos 🇪🇺.

Por iso, fronte a quen busca sinalar e botar culpas, desde o goberno socialista tendemos a man 🤝 para a coordinación entre institucións. O importante é que as obras se fagan, que se fagan ben e que respondan ás necesidades da veciñanza, aínda que iso supoña máis tempo do previsto.

Porque o que permanece non son os retrasos, senón as melloras que desfruta a cidadanía durante décadas 🌳. https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2025/08/20/concello-coordina-vales-villamarin-inicio-120793706.html?utm_content=link&utm_medium=social&utm_campaign=echobox&utm_source=Facebook&fbclid=IwQ0xDSwMVEvlleHRuA2FlbQIxMQABHlqfHJ3ZIat95Or3hk_drqN2kLXazoPtddO5f9lc11N-ihfVkQMa5SsnWpr2_aem_4vIDI021B851LfVeKPisMg#Echobox=1755704915
🎉 Comezan as festas de San Roque 2025! 🎉 Ho 🎉 Comezan as festas de San Roque 2025! 🎉

Hoxe arrincan uns días moi especiais para Betanzos. Este ano, ademais de gozar da nosa tradición, celebramos o 150 aniversario do Globo de San Roque, un símbolo que une xeracións e que nos enche de orgullo.

Queremos felicitar a Hugo Suárez Blanco, representante das Festas de San Roque, que está a ser un magnífico embaixador destes días grandes, levando con orgullo o nome da nosa cidade e compartindo con todos nós a súa alegría e implicación.

E tamén temos a honra de contar con Óscar Gilsanz González, betanceiro, magnífico e pregoeiro deste San Roque 2025, co que compartimos a ilusión de abrir oficialmente unhas festas que serán históricas.

San Roque é alegría, encontro e emoción. É música nas rúas, arrecendo a comida tradicional, familias que se volven ver… e todo cunha luz especial neste 2025.

💛 Viva San Roque
💛 Viva Betanzos
🌹 Espectacular alfombra efémera elaborada polo 🌹 Espectacular alfombra efémera elaborada polo grupo Cidae Galicia diante da igrexa de Santo Domingo para celebrar o 150 aniversario do globo de Betanzos.

🎨 O mosaico foi creado ao longo do día de onte coa colaboración de persoas usuarias do centro Pai Menni, que achegaron creatividade, cor e moita ilusión.

🏛️ O Concello de Betanzos asumiu os custos da plantilla empregada, facendo posible esta intervención artística que enriquece a nosa cidade nestas datas tan especiais.

📸 Animádevos a visitala durante estes días, sempre respectando a súa integridade, e desfrutade desta marabillosa mostra de arte efémera que une talento, inclusión e tradición.

#PensandoEnBetanzos
Fotos: Concello de Betanzos
🚧 Baixada do Rollo · Work in progress 🔋 🚧

Desde o goberno municipal seguimos a traballar para facer de Betanzos unha cidade máis segura e cómoda para todas e todos.

Na baixada do Rollo instalamos tres lombos de asno e un paso de peóns elevado, medidas que axudarán a reducir a velocidade e mellorar a seguridade viaria na zona.

Ademais, estamos a actuar á altura do número 62 do Rollo, coa renovación de beirarrúas, a colocación de novo pavimento e o arranxo da explanada, dando resposta a unha antiga demanda das veciñas e veciños do barrio de 🔋.

📆 Os traballos rematarán o próximo luns.
🚫 A explanada permanecerá pechada á circulación e o tráfico no Rollo estará cortado ata mañá.

✅ Máis seguridade
✅ Mellor accesibilidade
✅ Resposta ás necesidades do barrio

💪 Seguimos avanzando, mellorando cada día Betanzos barrio a barrio.

#PensandoEnBetanzos 🌹
Betanzos entra no mapa dos grandes festivais galeg Betanzos entra no mapa dos grandes festivais galegos co nacemento do Mariñas Sound 🎶🌟

Un evento que reuniu a preto de 3.000 rapaces e rapazas no Pasatempo, convertendo a nosa cidade nun referente comarcal en festivais xuvenís.

Un éxito froito do traballo do goberno municipal socialista 💪🌹, que apostou por un novo formato cultural e de ocio para a mocidade, tal e como comprometéramos no noso programa electoral 🗳️📘.

Desde a área de Xuventude, seguiremos traballando man a man coa xente moza en novas propostas que verán a luz a finais de ano e ao longo de 2026 🔜🎤. Porque apostar pola xuventude é apostar polo futuro de Betanzos ❤️
#PensandoEnBetanzos
🔴 En Betanzos, co PSOE no goberno, activamos ax 🔴 En Betanzos, co PSOE no goberno, activamos axudas para que as familias con menos recursos poidan facer fronte ao custo da súa vivenda habitual
Desde o 31 de xullo está aberta a convocatoria de axudas extraordinarias para o pagamento do alugueiro ou da hipoteca, cunha dotación de preto de 70 000 euros, cofinanciada pola Deputación da Coruña.

📅 Prazos, requisitos e solicitudes na web do Concello 👉 novas.betanzos.es

💬 “Axudamos ás persoas que máis o precisan porque as políticas sociais non se anuncian, practícanse”
🌹 Coas nosas veciñas e veciños, sempre. O eq 🌹 Coas nosas veciñas e veciños, sempre.

O equipo de goberno socialista estivo —como cada ano— nos Caneiros en Familia🎉, compartindo coa xente unha das festas máis queridas e identitarias de Betanzos 🏞️.

Porque gobernar tamén é participar 🤝, sentir 🎶 e estar onde está o pobo 🫶.

Hai quen só aparece para criticar 👀… Nós preferimos sumar, vivir e coidar o que é de todos e todas 💪.

👉 Os Caneiros son moito máis que unha tradición: son parte do que somos. E nós estamos sempre ao seu carón 🚣‍♀️🌿.

SOMOS EQUIPO ❤️
🔴 MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS EN PARQUES INFAN 🔴 MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS EN PARQUES INFANTÍS EN BETANZOS
🛝👶🌳

Desde o goberno socialista seguimos a transformar Betanzos pensando na infancia e no espazo público.

👉 10 actuacións concretas en parques infantís:

🛝 Xa renovado
Piscina municipal → 50.000 €

🛝 Xa construídos (apertura primeira semana de agosto)
Rúa Travesa
Rúa de Cabildos
Praza do Emigrante
➡️ Máis de 782.000 € no casco histórico

🛝 En licitación ou pendentes de execución
Viuxe → preto de 90.000 €
Ribeira → 75.000 €
Condesa → 144.000 €
Pintor Seijo Rubio
🔹 Renovación → 93.000 €
🔹 Cuberta → 188.000 €
Pasatempo → parque temático → 300.000 €
🧰 Mantemento e certificacións → 50.000 €
🏙️ Total investido → preto de 2 millóns de euros

🚸 Os parques son un dereito
🙌 Coidémolos entre todos e todas
🌅 Bonita tarde no Río Mandeo acompañando na t 🌅 Bonita tarde no Río Mandeo acompañando na travesía náutica á Asociación Amigos dos Ríos de Betanzos (ARBE), navegando río abaixo ata a ponte do Pedrido e regresando ao porto de Betanzos, gozando dunha travesía moi agradable e en boa compañía.

🚶‍♀️ A continuación, arredor das 20:30 h, a alcaldesa María Barral, acompañada de concelleiras e concelleiros do goberno municipal, participou na procesión da Virxe do Carme, acompañando á imaxe xunto ás Danzas Gremiais - Xóvenes do Pobo, mantendo viva unha tradición tan querida pola veciñanza.

🙏 Agradecemos sinceramente a ARBE e ás Danzas Gremiais a súa invitación para compartir con elas e eles unha xornada tan especial para Betanzos.

#PensandoEnBetanzos ❤️🌹🌹
📅 Hoxe é 25 de xullo, Día de Galicia Un día 📅 Hoxe é 25 de xullo, Día de Galicia
Un día para lembrar quen somos e todo o que compartimos como pobo.

Desde o 🌹 PSOE de Betanzos queremos expresar o noso orgullo de formar parte desta terra
📚 diversa, 💪 traballadora e 🌱 con futuro.

Seguimos comprometidos coa defensa da nosa lingua 🗣, da nosa cultura 🎭 e dos dereitos da nosa xente 🤝.

Celebramos Galicia cada día, tamén desde o local
Porque construír Galicia é tamén coidar de Betanzos 🏛️

🎉 Feliz Día de Galicia
Follow on Instagram

Últimas Novas

  • O PSOE de Betanzos impulsa a mellora da pasarela das Cascas e das beirarrúas da ponte Nova para reforzar a seguridade peonil
  • O PSOE de Betanzos anuncia a inclusión do pump track no POS adicional como compromiso cumprido co deporte e a participación cidadá
  • O Concello acondiciona todas as fontes do Camiño Inglés, entre elas a Diana Cazadora
  • Betanzos conclúe a renovación da rúa peonil Imprenta Villuendas.  
  • O PSOE de Betanzos continúa a mellorar o Pasatempo coa instalación dun sistema de depuración no estanque

De que falamos

Baloncesto deportes infraestruturas maría barral medio ambiente obras parque Santo Domingo servizos sociais

Estamos aquí


Ver Sede Local PSdeG

© 2025 Agrupación Socialista de Betanzos. Rúa Venezuela nº 34-36 - 15300 Betanzos (A Coruña)