Pensando en Betanzos. Nin máis, nin menos
O vindeiro día 28 vólvense celebrar eleccións municipais. Eu encabezo a lista dos socialistas na que se incorporaron caras novas, nunha mezcla de xuventude e experiencia, con representación de todos os sectores e zonas do municipio, persoas que sinten Betanzos e con capacidade para afrontar catro anos cruciais cun claro compromiso por riba de todo: Betanzos.
“Pensando en Betanzos. Nin máis nin menos”, o PSOE quere só pensar en Betanzos. Defender Betanzos como fixemos sempre, e seguir pensando no seu crecemento e desenvolvemento nos distintos eixos, reclamando tamén para o noso concello o que lle corresponde.
Atrás quedan catro anos marcados, fundamentalmente, pola pandemia, que fixo modificar boa parte dos proxectos que tiñamos previstos para centrar os recursos municipais en axudar a quen peor o estaba pasando, fortalecendo aínda máis todas as políticas sociais e os programas de axudas, priorizando ás persoas por encima de todo.
E a pesar de destinar moitos recursos a cubrir as necesidades da pandemia, fomos quen de seguir avanzando cara ao Betanzos que queremos, pensando no seu futuro sen esquecer o seu pasado: seguimos coa renovación de rúas e de servizos na zona urbana; avanzamos na recuperación do patrimonio, como o Parque do Pasatempo, o Convento das Donas ou o Mercado Municipal; continuamos cunha intensa promoción de Betanzos como cidade de servizos, como cabeceira comarcal e como referente turístico; fixemos o maior investimento que xamais se fixo desde o Concello na zona rural, con máis de tres millóns de euros na mellora de vías e na renovación da iluminación pública; realizamos un gran esforzo para ser sede de grandes eventos deportivos, culturais, históricos ou festivos, colaborando con todo o tecido social betanceiro; e sobre todo, priorizamos as políticas dirixidas ás persoas, desde os máis pequenos aos maiores, duplicando o orzamento destinado a políticas sociais….
E agora é necesario seguir avanzando, pensando en Betanzos para continuar desenvolvendo o proxecto de cidade que Betanzos precisa, pensando unicamente en Betanzos, nese Betanzos que nos enche de orgullo, que é eferente galego en tantos eidos, nese Betanzos que se adapta aos tempos e que é necesario que siga medrando con proxectos de mobilidade, con proxectos sostibles que fagan que o noso casco histórico sexa o motor e o eixo vertebrador dunha cidade que, cada día , vai a máis, nese Betanzos que por fin, contará cun Plan Xeral de Ordenación Municipal que nos permitirá desenvolver un concello adaptado ás necesidades actuais.
Ese Betanzos que recibiu xa máis de 4,5 millóns de euros de Fondos Europeos e que opta a conseguir outros tantos para que o concello, na zona urbana e na rural, siga a medrar con máis equipamentos e servizos. Un Betanzos que non se parará, como demostramos durante estes últimos anos onde destiñamos 3,8 millóns para Educación; 3,7 millóns para Cultura; 1,4 millóns para Deportes; 4,7 millóns en Servizos Sociais; 2,7 millóns en Emprego, e máis de 3 millóns para a zona rural e 4,5 millóns para a zona urbana.
Por todo iso, pensando en Betanzos, e só en Betanzos, pídovos o voso apoio o vindeiro día 28 de maio para a candidatura do PSdeG-PSOE que encabezo.
Grazas
María Barral Varela
CANDIDATA Á ALCALDÍA 2023
Descarga a nosa revista para que teñas a información sobre as nosas propostas e o feito neste mandato: