O goberno municipal socialista denuncia que hai máis de 50 persoas dependentes esperando ser valoradas pola Xunta desde novembro de 2019
O goberno socialista amosou o seu malestar polo atraso de máis de ano e medio na valoración das solicitudes de dependencia. A alcaldesa, María Barral, responsable tamén de Servizos Sociais, lamentou que este atraso nas valoracións por parte da Xunta, desde novembro de 2019, “está a causar importantes prexuízos non só ás persoas solicitantes e as súas familias senón tamén no desenvolvemento do propio servizo municipal” polo que espera que “canto antes, a Xunta poña os medios necesarios para corrixir esta situación”.
A primeira edil indicou que nestes momentos están en lista de espera para ser valorados máis de 50 usuarios e usuarias dándose o paradoxo de que “nestes momentos os servizos municipais contan con horarios libres para poder atender a máis persoas”.
Desta valoración dependen, por exemplo, servizo como o de axuda a domicilio, que é “necesario para moitas persoas que se atopan nestes momentos esperando a ser valoradas”. Neste sentido, explicou que hai familias que se dirixiron ao Concello para trasladara súa “situación” que nalgúns casos “é moi preocupante. Hai familias que están a recorrer a contratar servizos privados ou, mesmo, nalgúns casos deixar de traballar para coidar a estes usuarios”. Por iso é polo que necesitemos que “desbloquee a situación para que desde o servizo municipal que ten contratado o Concello poida atender estes casos”.