O PSOE de Betanzos anuncia a inclusión do pump track no POS adicional como compromiso cumprido co deporte e a participación cidadá

“O pump track será unha realidade tal e como xa anunciamos e comprometemos”. A alcaldesa, María Barral, anunciou que o Concello incluirá na súa proposta de POS adicional, na que lle corresponden 220.000 euros, a construción dunha pista de pump track tal e como tiña previsto e “manifestado cando hai unhas semanas se aprobaron outros proxectos do POS no pleno no que se incluiu unha pista de pádel”.

O goberno local explicou no pleno de setembro que “este proxecto, que foi proposto a través de orzamentos participativos no seu momento, sería incluido a curto prazo polo Concello noutros plans de obras e servizos da Deputación” e, aos poucos días de o dicir, “hoxe podemos confirmar que así será e que contará con financiación suficiente para a súa execución”.

María Barral indicou que as instalacións terán un custo duns 50.000 euros, segundo o proxecto técnico do que dispón o Concello, e que se acometerán na zona do Pasatempo.

O goberno local segue a dar pasos no seu plan de actuacións en materia deportiva que pretende ir acomentendo en función dos programas de colaboración con outras administracións. Nese sentido, a propia alcaldesa suxeriu á Xunta a construción doutras instalacións nunha reunión mantida hai uns meses co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, como un skate park, un novo pavillón e o agora anunciado pump track que se pretende incluír nun plan provincial. O resto do POS que se outorga a Betanzos destinarase a gasto corrente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.