O Concello acondiciona todas as fontes do Camiño Inglés, entre elas a Diana Cazadora

O Goberno local de María Barral, a través da Asociación do Camiño Inglés, está a facer os traballos de mellora das fontes públicas que forman parte do tramo do Camiño ao seu paso por Betanzos.

Trátase de fontes que tanto o Concello como a Asociación do Camiño Inglés consideraban necesario reparar tanto desde o punto de vista histórico e patrimonial como pola utilización que a día de hoxe teñen algunhas das que se incluiron no proxecto, que estes días se iniciou a súa execución, segundo explicou a alcaldesa, María Barral.

Entre as fontes incluidas no proxecto está a de San Paio; Señora Jesusa, Cristo dos Remedios; Nosa Señora; Ponte Vella; e a Diana Cazadora. De todas elas, destaca a Diana Cazadora, que será sometida estes días a unha mellora integral co selado tanto interior como exterior do vaso granítico da fonte, encintado e rexuntado; mellora da rede de pluviais, drenaxe e o pintado da escultura e demáis pezas da mesma en color “verde Betanzos”.

Os traballos levaranse a cabo dentro duns días. Mentras, esta semana execútanse os da fonte da Ponte Vella, na zona das Monxas, cun tratamento dos elementos en pedra, a recuperación de contorna da fonte (pavimento, paramento vertical, reixa en cor negra) e da  zona axardinada.

O proxecto tamén incluiu a fonde de San Paio coa roza e limpeza xeral en todo o ámbito da parcela e retirada de restos a vertedoiro e a recuperación integral da fonte e pavimento, mellorando os accesos a fonte (escaleiras) mediante chanzos de pedra similares ós orixinais.

A fonte da Señora Jesusa é outro dos lugares nos que se levan a cabo traballos coa  limpeza xeral en todo o ámbito da parcela e o lavado  do pavimento de formigón que constitúe o camiño peonil de acceso ao lavadoiro. Tamén  haberá unha varanda de madeira nos accesos a fonte, arquetas de sumidoiro, o encintado dos muretes  de pedra e o pintado da mesma.

A fonte do Cristo dos Remedios e a fonte de Nosa Señora tamén estiveron incluidas nesta actuación con traballos de limpeza da pedra e mobiliario urbano da súa contorna; a recuperación dos desconchados e revestimentos con pintura especial para as propias fontes.

Os traballos supoñen un coste próximo aos 30.000 euros e forman parte do programa de limpeza a acondicionamento de espacios públicos que está a levar o Concello tanto con recursos propios como a través de diferentes plans de actuacións promovidos por outras administracións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.