Betanzos conclúe a renovación da rúa peonil Imprenta Villuendas.  

O Goberno local concluíu as obras de urbanización da rúa Imprenta Villuendas, unha actuación que contou cun investimento de algo máis de 80.000 euros e que cambiou por completo a fisonomía da rúa.

A renovación da rúa permitiu potenciar o seu aproveitamento peonil a través dunha actuación que seguiu a imaxe de recuperación doutros espazos públicos con lastras de formigón e acabados que humanizan o espazo.

Renovouse a rede de augas pluviais, con novas arquetas que garanten unha correcta drenaxe das novas zonas verdes e mixtas proxectadas; tamén se repuxo todo o firme e plantáronse bidueiros ao longo da rúa. Os traballos completáronse con novo mobiliario (bolardos, papeleiras, bancos e alcorques) e sistema de iluminación pública.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.