Obras de mellora no lavadoiro municipal

O Concello de Betanzos iniciou as obras de pintado do lavadoiro das Cascas. Trátase dunha nova actuación para mellorar este emblemático edificio coas que o goberno local completará as obras que realizou nunha primeira fase do proxecto para frear o deterioro do inmoble, saneando elementos que presentaban danos, especialmente da cuberta, que foi reparada para evitar filtracións; substituíndo o tellado de uralita por unha cuberta de zinc, un material custoso, mais co que se recuperou o orixinal que tiña o lavadoiro.
Ademais, realizáronse diversos traballos de arranxos estruturais de elementos de formigón e madeira, e a retirada de cableado.

A mellora forma parte do programa de recuperación de Patrimonio que incluíu actuacións na fonte de Diana Cazadora, a estatua da Caridade; o palco da Música e nos próximos días na fonte do Catro Estacións.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará