O goberno local pretende impulsar a colaboración de empresas no programa de reforzo de alimentos

A Concellería de Servizos Sociais impulsará novos acordos con distintas entidades para que colaboren no programa de reforzo de alimentos que desenvolve xunto a Cruz Vermella. A idea, segundo explicou a concelleira, María Barral, é “involucrar a empresas, especialmente, do sector alimentario, para que realicen achegas de face a ampliar este programa de axudas”.

O Concello achega anualmente uns 10 000 euros ao programa, encadrado na prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social “que ten como obxectivo atender ás familias necesitadas, logo do informe dos Servizos Sociais, que son encargarse de realizar a valoración para a inclusión das persoas usuarias”.

A edil indicou que nestes momentos aténdense a unhas corenta familias de forma continuada ”ademais doutros usuarios que tamén están non programa con carácter trimestral ou de forma esporádica”.

O programa de reforzo de alimentos para familias é un das accións que se impulsou por parte da Concellaría xunto ao de emerxencia social, para o que modificou no seu momento a ordenanza co obxectivo de axudar a máis persoas ou familias que nun momento dado precisen de axuda, eliminado as limitacións que contemplaba a anterior ordenanza. A modificación posibilitou que as familias que así o necesiten nun momento puntual poidan recibir máis dunha axuda, logo da avaliación de cada caso polos servizos técnicos municipais de Servizos Sociais co correspondente informe favorable. No que vai de ano concedéronse preto dunha vintena de axudas.

María Barral destacou que xunto a estas achegas, o goberno local continuou a súa “política de mellora de todos os programas sociais, reservando máis de 25 000 euros para cubrir o servizo de Xantar na Casa, dirixido a maiores de 60 anos e dependentes que carecen de apoio familiar (a día de hoxe conta cunhas corenta persoas usuarias); regularizando ou servizo de transporte adaptado, investindo 29 500 euros para dar servizo a máis de 400 usuarios/as inscritos; e ampliando o gasto non servizo de axuda no fogar, tanto básico como para dependentes”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará