O Concello contrata un novo programa de aforro enerxético para a instalación de luminarias de led en distintas rúas da cidade

O Concello acaba de sacar a contratación unha nova actuación de aforro enerxético que inclúe o cambio de luminarias por led en varias rúas da cidade. Trátase dun proxecto, que se incluíu nun plan provincial, no que se investirán uns 170 000 euros. O obxectivo é adecuar a rede de iluminación pública para que, dando unha iluminación similar, reducir os custos.

En 2014 o gasto do Concello situouse nos aproximadamente 600 000 euros a pesar de “realizar un axuste na rede durante os últimos anos”. O goberno local aspira a reducir esta cantidade nos próximos anos ou cando menos que se manteña a pesar de que suba a tarifa eléctrica. Por iso, o obxectivo é acometer paulatinamente “proxectos de mellora da rede aplicando aqueles materiais ou innovacións que ofrezan garantías e que nos permitan manter uns parámetros de gastos sustentables”, explicou o concelleiro de Infraestruturas, Antonio Vázquez Lorenzo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará