O Concello amplia os horarios de Turismo e o Museo durante a Semana Santa

O Concello manterá aberta a oficina de Turismo e o Museo de As Mariñas durante toda a Semana Santa cun horario especial.

A Oficina, de dez da mañá a dúas da tarde os días festivos e o sábado e o domingo de once da mañá a dúas da tarde.

En canto ao Museo, manterase aberto os dous días festivos, de once da mañá a dúas da tarde e de cinco a oito e o sábado e domingo co mesmo horario que a oficina de Turismo, de once a dous da tarde.

Esta situación xera tamén que moitos peregrinos diríxanse ao Concello, xa que “nesta época o aloxamento co que conta Betanzos está completo”. Desde o Concello están a aterse as peticións de grupos organizados ás que se dan estancia no polideportivo e, de forma excepcional, estes días, a peregrinos que non obteñen aloxamento en ningún outro lado e que contaban con que a Xunta tivese a día de hoxe o albergue en boas condicións.

Neste sentido, onte habilitouse espazo por parte do Concello para un grupo organizado dunhas cen persoas ás que se sumaron outros 20 peregrinos que buscaban aloxamento no albergue. O pasado martes xestionáronse outra decena de casos. O Concello lembra que trasladou ao Xacobeo a situación xa hai unhas semanas e que se esperaba que os problemas que teñen as instslaciones, localizadas nos aseos, estivesen liquidados para antes desta semana Santa. O goberno local espera que o máis axiña posible se “acometan as actuacións que sexan necesarias para dar servizo aos numeropsos peregrinos que fan o Camiño Inglés e que carecen de información, ademais, da situación na que se atopa o albergue”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.