O Concello actúa de forma subsidiaria nunha vivenda en estado de abandono na Ribeira

O Concello iniciou de forma subsidiaria diversos traballos nun novo inmoble do barrio da Ribeira, en concreto, na rúa Mariña 55. A concellería de Urbanismo abrira expediente a esta vivenda para esixir aos propietarios unha serie de actuacións ante o estado no que se atopaba e os perigos que esa situación supuña. Con todo, os requirimentos non foron atendidos polos propietarios (máis de 15 propietarios) polo que pasados os prazos legais o Concello decidiu acometer os traballos de forma subsidiaria.

As obras consisten no desescombro do interior, retirando todos os materiais e partes da casa que se desprenderon; a retirada dos restos do tellado e a colocación duns ferros de fibra para evitar filtracións de auga nalgunha das paredes que aínda se manterán en pé; e o tapiado de diversos ocos, ademais de apuntamentos interiores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará