Madina reivindica en Betanzos concellos “al servicio de la gente, no de Rajoy y de Montoro”

 madina betanzos 2
O deputado socialista participou xunto ao alcalde de Betanzos, Ramón García, na presentación do programa electoral dos socialistas da localidade, “un documento factible que porá as bases dun futuro de benestar para os betanceiros”
 
O programa do PSOE inclúe numerosas rebaixas de impostos e accións de promoción do emprego para “contribuir a revitalizar a economía” municipal
O alcalde de Betanzos e candidato á reelección, Ramón García Vázquez, e o deputado no Congreso Eduardo Madina participaron esta tarde, na Casa do Pobo, na presentación do programa electoral dos socialistas betanceiros para os comicios municipais do vindeiro 24 de maio.
 
García afirmou que o PSdeG presenta na localidade “un programa factible, que nos vai a permitir seguir traballando cada día para mellorar a vida dos nosos veciños e asentar as bases dun futuro de benestar para os betanceiros”.
 
“Temos a experiencia, coñecemos a situación do Concello e contamos co mellor equipo para levalo a cabo”, apuntou o candidato socialista, que repasou algúns dos 40 puntos cos que conta o documento e que, entre outras propostas, inclúe a conxelación do IBI e a rebaixa de impostos municipais (10% no imposto de vehículos, 25% no de obras menores e rehabilitación e 90% no caso dos impostos para obras no casco histórico e instalación de ascensores en edificios xa construidos). “Dado o equilibro presupostario que  conseguimos nos últimos anos, rebaixando a débeda en 2 millóns de euros e cumprindo todos os parámetros contables esixidos polo Goberno, pensamos que é o momento de contribuir dende o Concello a revitalizar a economía”; apuntou.
 
Neste sentido, anunciou que un dos obxectivos principais será a mellora do emprego, “para o que, ademáis dos cursos de formación ocupacional, crearemos unha bolsa de emprego e intermediación municipal entre empresas e traballadores”, anunciou García Vázquez.
 
O candidato socialista anunciou tamén que seguirán incrementando as políticas sociais e o fomento das iniciativas no ámbito da educación e a cultura. “Queremos que o centro infantil sexa un colexio independente, non un aulario”, subliñou.
 
O alcalde trasladou tamén ao deputado Eduardo Madina varios dos proxectos e demandas de mellora para o muncipio que os socialistas levaron ao Congreso e o Senado como a limpeza da ría, a conversión do edificio abandonado do ambulatorio nun centro de día e xeriátrico, ou a mellora da seguridade vial da N-VI no tramo de As Angustias.
 
Pola súa banda, Eduardo Madina comprometeuse a interesarse por estas demandas, deu o seu apoio ao candidato socialista á reeleción e criticou con dureza a reforma local imposta polo Partido Popular, xa que “los ayuntamientos tienen cada vez menor capacidad de decidir y actuar en temas clave como las políticas sociales”.
 
Madina reivindicou concellos “al servicio de la gente, no de Rajoy Montoro” e destacou que a súa percepción nesta visita á provincia da Coruña é que “los ayuntamientos gobernados por el PP están a gran distancia de los ciudadanos”, mentres que os socialistas apostan por “políticas de proximidad e inclusión social”.
 
“El 24 de mayo serán las elecciones mías importantes y más complejas en muchos años porque nos jugamos decidir qué modelo de sociedad queremos para los próximos años”, afirmou Madina, que estimou que os socialistas van a mellorar os resultados de hai catro anos e reivindiocu ao PSOE como “un instrumento de transformación para que la gente que menos tiene tenga más opciones vitales”. “Para eso lo creó hace 136 años un gallego llamado Pablo Iglesias”, sentenciou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará