Diego Fernández, novo secretario xeral do PSdeG-PSOE de Betanzos

Diego Fernández López foi elixido Secretario Xeral da agrupación do PSdeG-PSOE de Betanzos por unanimidade. Como presidente da executiva nomeouse a Ramón García Vázquez, actual alcalde de Betanzos.

Xunto a Diego Fernández, a nova Executiva Municipal do PSOE estará composta por María Barral como Vicesecretaria Xeral, responsable de Políticas Sociais e Igualdade; Andrés Teijo Hermida, Secretario de Organización e Acción Electoral; Ana Belén Veiga Pita, Secretaria de Administración, Cultura e Turismo; Jesús María Espiñeira Illobre, Secretario de Educación, Estudos e Programas; Elena Germade Fraga, responsable de Sanidade; Antonio Vázquez Lorenzo, Secretario de Política Municipal; Mónica Carneiro Cid, responsable de Comercio e Movementos Sociais; Luciano Monterroso Dopico, Secretario de Promoción Económica e Emprego; María Guadalupe Naveira Pracer, responsable da secretaría de Mobilización; Pablo Beade Pérez, de Formación e Emprendemento; Enrique Seoane Carulo, de Política Institucional e Mónica Romay Sabín, como Secretaria Executiva.

Diego Fernández, que tamén forma parte do grupo municipal do PSOE e actualmente é Tenente de alcalde responsable das áreas de Formación e Emprego, Persoal e Réximen Interior, Tráfico e Seguridade, Festas, Economía e Servizos, agradeceu “a labor feita polos anteriores Secretarios/ as Xerais e ás súas devanditas executivas que fixo que o PSdeG-PSOE gobernase Betanzos na maioría do período democrático”.

Destacou “a boa disposición coa que se encontrou para elaborar a candidatura” na que tratou que mesturar “experiencia con xuventude”. Na súa intervención, incidiu en que o PSdeG é “nestes momentos máis necesario que nunca para velar polos máis necesitados e máis desfavorecidos”. Lembrou “as políticas levadas a cabo polos gobernos socialistas no Estado, en Galicia e especialmente en Betanzos, onde se conseguiu transformar a cidade dende o ámbito dás infraestruturas coa rede de abastecemento e depuración de auga, puntos de luz, asfaltado de estradas e camiños, recollida de lixo, infraestruturas deportivas, educativas, sociais, culturais e de ocio, e dende o eido social, cos programas de servizos sociais, educación, cultura, fomento e axuda ao asociacionismo municipal…” .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.