O Concello de Betanzos pretende eliminar as humidades do chan da platea da sala do Alfonsetti

O Concello incluíu nas obras do Plan único de Concello POS+2018 as obras de mellora coas que pretende solventar problemas que afectan a varios edificios e instalacións de carácter público-colectivo. Afectan de forma parcial e estes bens e teñen carácter de obras menores ao non incidir nin no deseño nin á estrutura destas. En concreto se desenvolverán no edificio Liceo; claustro do antigo convento de San Domingos e cine Alfonsetti.

Os edificios obxecto das actuacións son bens catalogados e é obriga dos seus titulares velar pola súa conservación e mantemento, e por mellorar no posible as súas prestacións para o seu correcto uso, sempre xustificadamente e con respecto pola herdanza recibida.

Así, no cine Alfonsetti os traballos centraranse tanto no pavimento do mesmo como no corredor pegado ao claustro de San Domingos. O pavimento de formigón pintado da sala do Cine presenta un cambio de aspecto e cor con manchas esbrancuxadas xeneralizadas e outras máis localizadas de graxa, así como algunha greta de movemento.

Neste sentido, repararanse as gretas con morteiros e para eliminación da capa superficial lixado con diamante ata obter unha capa limpa e fina. Por último, aplicarase unha pintura epoxi da mesma cor que a orixinal, e ao mesmo tempo aplicarase este mesmo acabado ao rodapé metálico, que

previamente haberá que decapar e imprimar.

Para levar a cabo estas actuacións será necesario levantar, almacenar e recolocar o conxunto de butacas da platea da sala.

Trátase de recuperar a imaxe do conxunto que tiña a sala tras a última intervención de rehabilitación da que foi obxecto.

Claustro

En canto ao claustro de San Domingos propóñense algunhas actuacións previa ao pintado do claustro, e á hora de elixir materiais contar con aqueles que permitan a transpiración dos muros e manter e recuperar o seu aspecto orixinal.

As tarefas que se propoñen pódense resumir nas seguintes: repasar os canles de recollida de auga e substituír as baixantes por outras de cinc, resolvendo correctamente o encontro entre ambos os dous; limpar e repasar o material das xuntas da pedra da cornixa intermedia, e destas co paramento vertical; picar e retirar o revestimento de morteiro de cemento nos entrepanos da planta baixa; aplicar reboco a base de cal natural en substitución do morteiro de cemento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará