Betanzos contará este ano con rede de fibra óptica na maior parte do municipio

Telefónica iniciará en agosto a instalación da rede de fibra óptica no municipio. Así o anunciou hoxe o alcalde, Ramón García Vázquez, tras reunirse con responsables da compañía en Galicia, encabezados pola directora rexional Marta Menéndez Martínez, quen confirmaron o inicio dos traballos para ese mes se prolongarán ata decembro deste mesmo ano. O anuncio é froito das conversacións mantidas coa compañía telefónica tendo en conta da necesidade de dispor desta nova rede de acceso é cubrir un obxectivo que tiñamos como goberno, para que os betanceiros que o desexen poidan dispor dese servizo, demandado tamén por varios colectivos.

A fibra cubrirá a maior parte do municipio chegando tanto a vivendas como a locais. Previamente ao comezo do despregue realizarase por parte de persoal técnico de Telefónica de España un anteproxecto do deseño da rede e as zonas a cubrir de forma de paulatina. O despregue da fibra realizarase a través de cables de gran capacidade que se irán ramificando en cables menores a medida que se achegan aos domicilios dos potenciais clientes.

As actuacións de despregue realizaranse, preferentemente, polas canalizacións soterradas existentes e de forma excepcional e onde non exista canalización dispoñible, polos tendidos aéreos por postes ou trazados por fachada, en función das características construtivas da área a cubrir. O investimento previsto supera o millón de euros.

fibraoptica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará